Muros Mira ao Mar convertíndose nun Mercado Mariñeiro Tradicional

15:42 07/07/22
Se por Camelle celebran o 125 aniversario do City of Agra, engalando a vila coma se fose unha feira mariñeira do século XVI, por Muros toca vestirse tamén de época para as XVII Xornadas de Cultura Mariñeira Muros Mira ao Mar.
Foto: Xosé Sendón
Un completo programa de actividades desenvolveranse nunha fermosa vila, que conta coa participación de todo un pobo entregado a unha festa singular.
Dende as 11:00h da mañá do venres 8 ata a tardiña do domingo 10, Muros será un Mercado Mariñeiro Tradicional.

Programa
VENRES, DÍA 8 xullo
- 11.00 h Apertura do Mercado e exposicións
- 11.15 h Pasacalles grupo Longarela
- 11.30 h Obradoiro infantil Nécora comellona
- 11.45 h Visita guiada Conxunto histórico
- 12.00 h Inauguración da Mostra Mariñeira en terra “Muros Porto Xacobeo. Embarcacións Tradicionais”
- 12.30 h Visita guiada ás embarcacións tradicionais
- 12.45 h Animación teatral: CATROPÉS, “Animacreques”
- 13.00 h Navegación Inaugural polas enseadas de Muros e Abelleira
- 13.30 h Mostra de traballos artesanais
- 18.00 h Apertura do Mercado, obradoiros e exposicións
- 18.15 h Visita guiada “A vida no areal”
- 18.30 h Animación teatral: CATROPÉS, “Animacreques”
- 18.45 h Mostra de traballos artesanais
- 19.00 h Pasacalles grupo Xeitura
- 19.30 h INAUGURACIÓN OFICIAL DAS XORNADAS E IZADA DE VELAS FRONTE Á FÁBRICA DE SEL
- 20.00 h Charla “Embarcacións Tradicionais”
- 20.30 h Concurso de Pinchos tradicionais. Ximiela
- 21.00 h Concurso de Escabeche. Castelo Rock
- 21.30 h Actuación CUARTETO DE VOCES XIMIELA
- 22.15 h Actuación CORO TRADICIONAL XIMIELA
- 22.30 h Actuación JUAN DO TRACTOR, Pista da Xesta, TOTORA TAS-K
- 23:00 h Concerto: FRANSY, DAVIDE, CIBRÁN
- 23.30 h Concerto PABLO BALSEIRO, Castelo Rock
- 23.45 h FOLIADA ABERTA, Ximiela
- 24.00 h CONXURO DA QUEIMADA, Club de Remo Muros
SÁBADO, 9 DE XULLO
- 07:00 h Concurso de pesca de lecer
- 11.00 h Apertura do Mercado e exposicións
- 11.15 h Pasacalles grupo Faltriqueira
- 11.30 h Obradoiro infantil Futbolín Mariño
- 11.45 h Visita guiada Conxunto histórico
- 12.00 h Visita guiada ás embarcacións tradicionais
- 12.10 h Chegada embarcacións e pesada Concurso de pesca, rampla da praia do Castelo
- 12.15 h Desfile e Actuacións musicais: G. F. PRAU LLERÓN DE MIERES (Asturias), GRUPO SANTAIA DE OLEIROS e AGRUPACIÓN FOLCLÓRICA XIMIELA
- 12.30 h Navegación Tradicional. Proa a Louro
- 12.45 h Animación musical SOMDOLILÁ
- 13.00 h Presentación “Nova Ardentía. Nº 14”
- 13.15 h I Concurso “Empanada Mariñeira Muros Mira Ao Mar”, TOTORA TAS-K
- 13.30 h Mostra de traballos artesanais
- 13.45 h Concurso de Tortilla Castelo Rock
- 18.00 h Apertura do Mercado, obradoiros e exposicións
- 18.15 h Visita guiada “A vida no areal”
- 18.30 h Animación infantil: MOC MOC, “MeRe-cidamente”
- 18.45 h Mostra de traballos artesanais
- 19.00 h Presentación: CANDO ARDE O MAR- SABERES COMPARTIDOS. Proxecto Ardora
- 19.15 h Actuación: DIÁSPORA TEATRO “O Peirao”
- 19:30 h Pasacalles grupo Agrocovo
- 19.45 h Foliada con BRANDÁN LOURENZO Club Remo Muros
- 20.00 h Visita guiada ás embarcacións tradicionais
- 20.15 h Teatro-danza: PAPORRUBIO: Danza dos Paxaros
- 20.30 h Actuación musical Grupo A REVOLTA, As Aghieiras
- 21.00 h Animación musical SOMDOLILÁ
- 21.15 h Concurso “Tortilla Romana e Doces Tradicionais”, E.D. Os Miúdos
- 21.45 h Teatro de rúa: AQUELANDO TEATRO “As Embarcacións Tradicionais”
- 22.00 h. Entrega premios CAMPIONATO REMO-ERGÓMETRO, Club Remo Muros
- 22.15 h FOLIADÓN MARIÑEIRO con G. S.R.CALO, G. AXIO MOURO, P. DO TREMUZO, G.F. MIERES e A.F. XIMIELA
- 22.30 h Actuación DANI CASCARILLA, TOTORA TAS-K
- 23:00 h Concerto: XISCO FEIJÓO “Peixe”
- 23.30 h Concerto PABLO BALSEIRO
- 24.00 h CONXURO DA QUEIMADA, Club Remo Muros
DOMINGO, 10 DE XULLO
- 10.00 h Visita guiada “A vida no areal”
- 11.00 h Apertura do Mercado e exposicións
- 11.30 h Obradoiro infantil Pesca peixe
- 11.45 h Visita guiada Conxunto histórico
- 12.00 h Visita guiada ás embarcacións tradicionais
- 12.15 h FOLIADIÑA MIÚDA, A.F. Ximiela
- 12.30 h Navegación Tradicional pola abra de Muros
- 12.45 h Animación musical: TRÍO DETRÉS “Máis ritmo”
- 13.00 h Charla. “A mariña mercante muradá”
- 13.15 h ORFEÓN RÍA DE MUROS nas prazas
- 13.30 h Mostra de traballos artesanais
- 17.30 h Navegación Tradicional libre
- 18.00 h Apertura do Mercado obradoiros e exposicións
- 18.15 h Actuación RILO & PENADIQUE “Asdomare”
- 18.30 h Mostra de traballos artesanais
- 18.45 h Show Cooking de José Senande: Pinto curado, Pista da Xesta, TOTORA TAS-K
- 19.00 h Entrega de premios CONCURSO PESCA DE LECER
- 19.15 h Actuación musical OS MICHOS
- 20.00 h Concerto. BELLÓN MACEIRAS E MAMÁ CABRA “A Música das Buguinas”
Exposicións
Ademais están abertas, en horario 11.00 a 13.00 e 18.00 a 21.00 h. varias exposicións de fotografía en Sel, e no Pozo do Cachón.
Aquí tendes o programa completo: