Luns. 06.05.2024
El tiempo

Nova cita no Audiorio de Muros con Galitoon

The Show moscon
Nova cita no Audiorio de Muros con Galitoon

Continúa o programa de teatro invernal do Concello de Muros. Faino este sábado 4 de novembro, 18:00 h. chega ao Auditorio do Centro Cultural de Muros, The Show Moscón, de Galitoon. Trátase dun Circo de monicreques ambulante de “varietés”, presentado por un moscón gordo e vizoso.

Despois de case quince anos producindo espectáculos con monicreques, Galitoon presenta a súa nova obra coma  homenaxe ás diferentes escolas e técnicas de manipulación, aprendidas no seu percorrido artístico e empregadas nos seus traballos de teatro e televisión, así como, pola inspiración doutras compañías de teatro e circo, querendo reunilas neste novo espectáculo.
O guión e dirección é de Chisco Casteleiro, o deseño de Puppets, de Galitoon, e o elenco estará formado por Jonatan García e Chisco Casteleiro.


A obra está incluída na Rede Galega de Teatros e Auditorios da AGADIC. As entradas, con un prezo de 2,50 €, deben de ser reservadas nas oficinas do centro cultural, no teléfono 981762294, no correo [email protected] ou no formulario creado para este fin.

O programa continúa os días 11 de novembro e 3, 9, 16 e 27 de decembro.

Comentarios