Venres. 19.04.2024
El tiempo

O BNG de Muros arrímase ao PP pensando nunha nova moción de censura

O BNG de Muros arrímase ao PP pensando nunha nova moción de censura

Trala moción de censura levada a cabo en Cee co pacto entre PP e BNG (ou xa edís non adscritos), parece que outros concellos da zona poden seguir o mesmo camiño. Xa se leva falando tempo, pero na última fin de semana o achegamento entre os edís do BNG e do PP en Muros pode ser definitivo cara a a moción de censura que provocaría a saída da alcaldía da socialista Caridad González.

De novo o papelón está da man dos edís do BNG, que se xogan a expulsión do partido, por outorgar a alcaldía ao PP. Se ben ao pertenceren ao movemennto +Galiza haberá que ver as repercusións políticas. A Asemblea local do BNG antiña unha reunión o venres e acordaban "facultar aos membros do grupo municipal do BNG a reunirse co PP e coa Executiva do BNG para tratar a posibilidade dunha moción de censura coa que sacaríamos da alcaldía a Caridad e pasaría a ser alcalde José Antonio Siaba", valora a voceira local María Xosé Alfonso Torres.

Iso si, "só se logo desas conversas se dan as circunstacias adecuadas e a actitude do PSOE segue a ser a mesma e sobre todo a da alcaldesa entón daremos ese paso".

Igualmente apunta que "queremos reunirnos coa Executiva do BNG para explicarlles cales son as razóns que nos levan en Muros a pensar nunha medida tan seria e drástica como esta. Estas razóns son varias, a imposibilidade de fiarnos de Caridad para calquera acordo con ela, a súa actitude que segue sen axudar (como as alegacións feitas no escrito de oposición á demanda que eu lle teño posta ou o tema da homenaxe ao franquismo querendo facer fillos predilectos de Muros a tres alcaldes da época franquista), a desastrosa xestión económica con despilfarro de cartos públicos (asesores, comidas urbanismo, POS descabellado, etc....) e a desastrosa xestión organizativa (como por exemplo no transporte adaptado onde tivo ao colectivo de discapacitados privados deste servizo durante dous meses)", expón Alfonso.

Estaremos atentos pois aos seguintes movementos, se ben aínda non comezaron as negociacións co PP. Na banda do PP aseguran que aínda non tiveron contactos pero que están "dispostos a falar con quen sexa".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios