O BNG de Muros reinvéntase
Seguen os partidos muradáns tomando posicións de cara ás municipais de 2015. Se hai pouco o PP estreaba nova voceira, esta semana tócalle ao BNG abrir as súas portas á veciñanza. O grupo, que ten voceiro a Manu García, celebrará este sábado unha Asemblea Aberta a toda “a cidadanía que sinta a necesidade de cambiar por completo o rumbo que leva o noso Concello”.
Aseguran que van loitar contra o “escurantismo, opacidade, tráfico de influencias, sectarismo e todo tipo de prácticas clientelares e corruptas dos políticos de turno”. “Queremos mudalo todo. É o momento, Implícate”, insisten.
Por iso, inivitan a “esas persoas que desexa construir un futuro digno para a nosa terra”, a esas persoas que “queren aportar as súas ideas”, a “dar un paso adiante e tomar o futuro do Concello pola man”.
A asemblea será este sábado dia 27 ás 12:00h do mediodía polo local de San Xosé de Muros.
Novas relacionadas
Fonte
- BNG de Muros.