O BNG tamén pide o comezo do Plan de Dinamización do Casco Histórico de Muros


Hai apenas unha semana era o PP o que esixía o cumprimento dos acordos plenarios en relación ao casco histórico. Onte, e ante a parálise municipal, é o BNG o que presentaba unha instancia para por en marcha o Plan de Dinamización do Casco Histórico, aprobado no mes de xullo.
Faino ademais ante a ausencia de pleno ordinario no presente mes de agosto, e xa que no documento asinado contemplábanse medidas urxentes a levar a cabo con inmediatez. “Un mes despois, ningunha destas medidas foi posta en marcha, polo que desde o BNG en Muros, ante a ausencia de pleno ordinario no presente mes, presentamos un documento reclamando ao goberno municipal que poña en marcha a remodelación da Praza de Galiza e que convoque aos grupos municipais a unha reunión para preparar a mesa sectorial”, sinalan.
Novas relacionadas
Fonte
- Nota de prensa do BNG de Muros.