Venres. 29.03.2024
El tiempo

O Cine París xa ten proxecto de rehabilitación

O Cine París xa ten proxecto de rehabilitación

O Concello de Muros vén de presentar o anteproxecto escollido para a rehabilitación do cine París de Muros, que se convertirá nun Auditorio. O xurado do concurso escolleu o proxecto "Entrevisillos", de Cristina Ansede Viz. O proxecto de Ansede conservará a fachada marítima do cine, e contará con todas as infraestruturas para facer do Auditorio un auténtico referente cultural na Barbanza e na Costa da Morte.

Quedaron atrás varios proxectos, tan interesantes como o gañador. O 2º premio vai para Jorge Garcia Anta, co seu prxecto "Mute" e os accesits son para Laura Moruno Guillermo ("Escenotelo") e polo equipo integrado por Carlos Bóveda Casado, Domingo Alberto Miranda Prol e Juan Pablo García Blanco (co proxecto "Escena 005").
Ademais o xurado fixo mención espeial para os proxectos de Rodrigo Benito Díez Fernández ("Vimbio"), de Miguel Martínez Monedero ("Paxareira") e polo equipo integrado por Fátima Citoula Rodríguez, Francisco Novoa Rodríguez e Julien Raulet ("3ª CO-6-4322").

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Muros.

Comentarios