O Cole de Esteiro segue navegando pola historia e atraca na Idade Moderna

Así nos presentan os pequenos alumnos do CEIP Ricardo Tobío de Esteiro, Muros, a fantástica Semana Cultural adicada á época da Idade Moderna e o mundo do mar. Durante esta semana teñen programadas unha marea de actividades que continúan co proxecto con temática histórica titulado “Un paseo pola historia”. Despois teren pasado pola prehistoria, a Idade Antiga, e polo Medievo o ano pasado, este curso chegan á idade Moderna.
Ao longo do curso xa se realizaron moitas actividades con esta temática, pero esta semana será especial. Inauguran a exposición de barcos e faros realizados polas familias. Se o curso pasado os castelos que realizaron eran espectaculares, desta vez, os barcos e os faros siguen sorprendendo a toda a comunidade educativa. Son auténticas obras de arte.
Ademais están programados obradoiros de música, xogos, literatura… Ata un photocall e unha merenda con produtos que chegaron ao noso país durante esta época procedente de América (patacas, millo, chocolate,…)

Colaboración interxeracional

É tan especular a exposición das maquetas barcos e portos, que en canto se enteirou da súa existencia a Asociación Muradana dos Xubilados do Mar e Pescadores de Recreo, XUBIMAR, propuxo a realización dun obradoiro de bandeiras náuticas tanto para o alumnado como para as familias. A pesar de que este sistema de comunicación é dunha época posterior, pareceulles unha actividade moi interesante e decidiron enmarcala nesta semana.
Novas relacionadas
- Maio 2016: O Cole de Esteiro celebra unhas letras por Manuel María e o seu mestre Xosé Agrelo.
- Abril 2016: Unha Semana escolar no Medievo.
- Abril 2016: O colexio muradán que viaxa á Idade Media.