mércores. 04.12.2024
El tiempo

O espectáculo teatral "Don Quixote" chega a Muros

O espectáculo teatral "Don Quixote" chega a Muros
"Don Quixote. Unha comedia gastronómica" leva máis de 120 funcións "Don Quixote. Unha comedia gastronómica" leva máis de 120 funcións A axenda para a vindeira fin de semana vai collendo forma. O auditorio do centro Cultural e Xuvenil de Muros acolle este sábado, 27 de febreiro, ás 18:00 horas, o espectáculo dirixido a público familiar “Don Quixote. Unha comedia gastronómica”, de Limiar teatro. Inscrito dentro da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios. “Don Quixote. Unha comedia gastronómica”, leva máis de 120 funcións, repartidas por Galicia, España, Francia, Brasil e Portugal. É un espectáculo que mestura narración oral, manipulación de obxectos e cociña en directo para dar lugar a unha exitosa versión gastronómica da obra de Cervantes. Alonso, cociñeiro, comeza a preparar unha demostración culinaria sobre as bondades da dieta mediterránea. O prato escollido é o "Potaxe de vixilia" O mesmo que lle ofreceron a Don Quixote na súa primeira saída antes de ser armado cabaleiro andante. Alonso converterase en Quixote mentres prepara ese saboroso prato. Un xogo teatral e gastronómico no que o humor e tolemia de Don Quixote encarnaranse no corpo de Alonso dando lugar a un espectáculo áxil, saboroso e nutritivo. Apto para todos os públicos, no que a compañía selecciona 50 minutos segundo as idades dos espectadores. Quixote é un espectáculo ideal para gozar en familia nenos e maiores a través da gastronomía e a literatura. “Don Quixote. Unha comedia gastronómica” é un espectáculo que combina grandes doses de humor e loucura. Rememora de xeito distendido e participativo diferentes pasaxes e aspectos do clásico cervantino. O protagonista é Fran Núñez. As entradas son a 2,50€ e xa están a venda nas oficinas do centro cultural de Muros. Novas relacionadas Fonte    

Comentarios