Sábado. 20.04.2024
El tiempo

O IES Fontexería demostra a importancia de aprender máis alá dos libros cunha completa Semana Cultural

O IES Fontexería demostra a importancia de aprender máis alá dos libros cunha completa Semana Cultural
XXVIII Semana Cultural do IES Fontexeria de Muros

Impresionante a a programación de actividades da XXVIII Semana Cultural que prepara o IES Plurilíngüe Fontexeria de Muros entre os dias 3 e 7 de abril. Unha semana que ten como lema este ano “O Pequeno é Grande”, e que acollerá numerosos obradoiros, charlas, concertos, recitais, proxeccións, e mesmo rutas de sendeirismo, para ensinarlle aos alumnos o enormemente importantes que as cousas máis pequenas da natureza.

Unha Semana Cultural que conta co patrocínio do Concello de Muros, as empresas Carpintaria Hnos. Fiúza S.L., Autos Comparado S.L. e Casal Cotón S.L., e coa colaboración de diversas entidades e asociacións. Ademais, algunhas destas actividades contarán coa presenza das familias do centro, así como do CEIP Ramón de Artaza e do IES As Ínsuas.

Actividades de todo tipo

Arrincarán as xornadas o vindeiro luns 3 de abril cun obradoiro de ADEGA que fomenta a creatividade e a reciclaxe. A Cruz Vermella falará de educación afectivo-sexual así como de Primeiros Auxilios. Tamén haberá citas coa fotografía e a Papiroflexia, e como non, membros da USC falarán dos seguintes pasos cara a Universidade. A xornada de luns rematará con varias proxeccións e unha subida á Moa.

O martes segue o mesmo curso, comezando polas actividades medioambientais, seguindo polas citas psicolóxicas, con sendas citas de Autocoñecimento e Saúde sexual. Haberá presentación dun libro, varias proxeccións e mesmo unha sesión de judo. Pero a cita máis especial será a que fale Transtorno de espectro autista con xentes da ASPANAES.

O mércores será día cultural. Comezará a golpe de poesía, con María Lado e Lucía Aldao, seguirá cun obraodiro de banda deseñada con Xosé Tomás. Os Cantos de Taberna manterán a tradición e mesmo haberá unha videoconferéncia sobre a tortura con Liliana Trillo Díaz, asesora xurídica do Comité contra a tortura das Nacións Unidas. Para pechar o mércores máis cultural, o grupo de Teatro da Adisbismur farán o seu espectáculo.

O xoves, ademais da estrea a obra de títeres “As aventuras de Gale” de A Xanela do Maxín, haberá sesións de arte rupestre, de coeducación, de sexualidade ou de ioga.

E o venres 7 de abril, toca unha xornada de clausura sen parada: taichi, Parkour, concerto de Sumrrá, exposicións de natureza e de fotografía muradá, tradición, así como música francesa.

Unha completísima semana para realzar a importancia de aprender máis alá dos libros.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios