Martes. 15.10.2024
El tiempo

O muradán Fran Lestón faise peregrino Camino a Veisal

O muradán Fran Lestón faise peregrino Camino a Veisal
Fran Leston e o seu libro Camino a Veisal Fran Lestón e o seu libro Camino a Veisal

Viven en Alxeciras dende hai 3 anos, pero Fran J. Lestón é moi de Muros, como demostrou presentando a súa primeira novela na casa aló polo 2011. Desta volta, o escritor anuncia o seu novo traballo, “Camino a Veisal”, publicado por edicións Imagenta.

Nel intenta facer unha parada en leste o transcurso do fulgurante día a día, por veces demencial, por veces ata inhumano. Mediante contos de moi fácil lectura trata de transmitir o xeito na que transcorre unha viaxe que todos deberiamos facer polo menos unha vez na vida, onde achar respostas a preguntas que brotan do noso interior. "Camiño a Veisal" nace da necesidade de saír da espiral na que por veces nos perdemos, encerrándonos en nós mesmos.
Fran J. Lestón vén de peregrino para contarnos un relato que ten moito del mesmo, un sempre ensina mellor aquilo que necesita aprender. Como sempre o autor espera non defraudar con esta nova aventura. Aínda que a vista de que a primeira edición esgotouse en poucos días, parece que "Camino a Veisal" promete. Porque a intención de Lestón é facer dos seus libros verdadeiros manuais que axuden ao lector a ser máis feliz.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios