Os Bolechas aprenden igualdade no CIM de Muros

08:05 18/07/17

Fermosa a iniciativa do Centro de Información á Muller (CIM) de Muros, que vén de sacar unha publicación dos Bolechas en clave de igualdade. Con esta guía, o CIM intenta achegar a toda a cativada do país a importancia do respecto.
Desta volta, a psicóloga Xulia leva aos pequenos debuxos galegos ata o CIM muradán, onde coñecerán conceptos como igualdade, empatía, autoconfianza… E, por suposto, os dereitos, que son iguais para todas as persoas, independentemente do sexo, a raza, a posición económica ou a lingua que falen: “igualiños, igualiños”!
Este novo título dos Bolechas xa está na Biblioteca Municipal de Muros e na Axencia de Lectura de Esteiro. En breve chegaránlle os exemplares aos Centros de Ensino.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).