Luns. 06.05.2024
El tiempo

Os comicios en Muros: A forza menos votada ten a chave do goberno

Os comicios en Muros: A forza menos votada ten a chave do goberno

Curiosamente, o partido menos votado ten a chave do goberno no Concello de Muros. A falta de maioría, a necesidade de pactos, e a falta de entendemento entre PSOE e PP fai que o BNG poida ser aliado no goberno de uns e outros.

Co PSOE de novo como primeira forza, a única novidade é o intercambio de posicións entre PP e BNG unha vez que comparamos os resutados do 2007 e do 2011. O PSdG mantén os 6 concelleiros, e a subida do PP coincide coa baixada do BNG.

Deste xeito, parecen que hai dúas vías posibles, o pacto entre PSOE e BNG, ou a reedición do pacto PP-BNG pero desta volta co PP como cabeza visible. I é que parece que PSOE e PP non van pactar.

Valoración dos resultados

Como non podía ser doutro xeito, Caridad valora moi positivamente os resultados. "Estamos moi contentos por ser, de novo, a lista máis votada. Dende que son candidata sempre o fomos". Agora, toca "sentarnos e buscar o mellor para Muros".

Para a candidata do BNG son uns "resultados pouco satisfactorios, pero é o que hai, é o que a xente decidiu".

De pactos

I é que como nos conta Caridad González, candidata do PSOE, un hipotético pacto co PP non sería moi factible. "Nós non nos cuestionamos gobernar co PP porque o noso proxecto é moi distinto, e non nos identificamos coas súas ideas. Cremos sinceiramente que non chegaríamos a bo porto", explica Caridad. Entende pois que "deberíamos gobernar nós por ser a lista máis votada ou cun pacto co BNG. O que non debería pasar era buscar fórmulas extrañas, para o que xa temos un antecedente. De tódolos xeitos, creo que o pobo falou e castigou a un dos que pactou", sinalou Caridad.

Se ben José Antonio Siaba, candidato do PP, non quere facer declaracións ata o vindeiro 11 de maio, María Xosé Alfonso asegura que "o BNG ten todas as portas abertas. Estamos valorando os resutados e todas as poibilidades. Por agora non temos ningunha decisión tomada. Estamos reuníndonos con todas as forzas pero non hai nada pechado con ninguén. De feito xa houbo un primeiro contacto e quedamos en sentarnos a falar". Iso si, destaca que "primeiro quero falar coa miña xente da Asemblea do BNG de Muros, e será ela a que decida".

Novas relacionadas

Repaso Concello a Concello

Máis información sobre os Resultados

Fonte

Comentarios