mércores. 07.05.2025
El tiempo

Os cursos de fotografía tamén son para o verán

Os cursos de fotografía tamén son para o verán
cursos fotografia o rumial agosto 2016 A vindeira semana, a ACRDM Rumial de Muros pon en marcha dous cursos de fotografía. O primeiro deles, de "iniciación á fotografía dixital", desenvolverase os días 16, 18, 23, 25 e 30 de agosto e 1 de setembro no campo de Cortes. O horario do curso é de 20 a 22 horas e está dirixido a todos os que queiran adentrase no mundo da fotografía e sacarlle un maior partido ás súas cámaras. Para aqueles que desexen ampliar os seus coñecementos básicos na fotografía, poden participar no curso de fotografía dixital nivel II que se celebrará os luns, mércores e venres entre as 2o e as 22 horas. O curso comeza o 18 de agosto. Os interesados en participar en calquera dos dous cursos poden obter máis información en fotocampodecortes@gmail.com ou orumial@gmail.com

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
 

Comentarios