Os Salmóns de Muros xa están denunciados formalmente en Bruxelas

Non materialmente, pois boa parte están mortos. Pero a problemática coa instalación das xaulas de salmón na ría de Muros e Noia segue moi presente. Hoxe pescadores e ecoloxistas enviaron unha denuncia formal ante a Comisión Europea en contra da colocación das gaiolas. E o fan tras máis dun ano de protestas e tras terlle enviado un informe o pasado mes de decembro.

Organizacións medioambientais, ONGs, entidades do propio sector pesqueiro e de outros ámbitos, pescadores e armadores da Ría de Muros e Noia, consideran que a cría intensiva de salmón provocaría un gran impacto negativo no rico ecosistema da ría. Así, con esta medida de presión sobre a UE preténden impedir a colocación de máis gaiolas para o cultivo intensivo de salmón.

A denuncia enviada ás Comisións de Pesca, Medioambiente e á Comisión de Peticiones da Unión Europea conta entre outros cos apoios de Oceana, Greenpeace, Ecologistas en Acción, Adega, Verdegaia, Salva la Selva, Asoar-Armega, Salvemos Monteferro e de numerosos armadores e mariñeiros afectados.

Novas da loita contra o salmón en Muros

Outras novas

Fonte