O pobo vístese de época para unha nova edición do Muros Mira ao Mar
10:42 05/07/23
Esta fin de semana de 7, 8 e 9 de xullo Muros vestirase de vila histórica mariñeira no marco das XVIII Xornadas de Cultura Mariñeira Muros Mira ao Mar. Exposicións, obradoiros, música ao vivo, teatro e animación encherán a vila de salgadura. Pero o máis importante é a involucración do pobo, que provoca un ambiente auténtico de época.
O cartel feito por Carme Figueiras Mayo, de 2º ESO do IES As Insuas foi o escollido para ilustrar esta edición, coa que a festa supera a maioría de idade.