Domingo. 13.10.2024
El tiempo

Recollen firmas online contra a subida do IBI de Muros

Recollen firmas online contra a subida do IBI de Muros
O IBI é o Imposto sobre os Bens Inmobles

Aló por finais de xuño o grupo de goberno de Muros aprobaba a subida do IBI. Co voto de calidade da alcaldesa, o PSOE aprobaba o o incremento do Imposto sobre os Bens Inmobles (IBI) tanto dos bens de natureza urbana como rústica. Deste xeito o IBI de natureza urbana pasa do 0’40% ao 0’60% e o de natureza rústica pasa do 0’30% ao 0’60%.

Aínda, moitos veciños, así como os grupos da oposición, consideran "inxustificada" a subida e veñen de abrir unha campaña de recolleita de firmas coa colaboración da plataforma Change.org e baixo o título "No al 0,6%"

Considera o promotor da iniciativa, José Manuel Bermúdez, que "A moitos veciños se lle modificou a valoración dos mesmos en máis do 100%, e a maioría das leiras rústicas, que non pagaban IBI, foron incluídas, algunhas con valores ata superiores ao real do mercado".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios