Martes. 05.11.2024
El tiempo

Stefania Montagna ofrece no Espazo A Maceta un obradoiro de coaching sistémico sobre emprendemento

Taller Coaching Sistémico
Representando obstáculos e lealdades ocultas
Stefania Montagna ofrece no Espazo A Maceta un obradoiro de coaching sistémico sobre emprendemento

A coach aficanda en Carnota e o singular Espazo A Maceta de Muros unen forzas para desenvolver unha formación específica vencellada co emprendemento. 

Stefania Montagna, Coach personal con máis de 10 anos de experiencia en grandes empresas e organizacións como Google e as Nacións Unidas, ofrece este taller de Emprendemento sistémico dirixido a emprendedores e líderes en todos os ámbitos, para que poida dar vida aos seus proxectos de forma máis libre e consciente. Un taller para safarnos de moitas ideas preconcebidas e obstáculos interiores que nos impiden avanzar no noso proceso de emprendemento.

A propia Montagna, considera que á hora de facer que o teu autoproxecto avance, "moitas veces, os obstáculos que atopamos fóra non son máis que unha proxección do que está pasando dentro. Pode que o que nos impida florecer nos nosos proxectos sexa unha forma de lealdade, do cal non somos conscientes".

E explícao cun exemplo, o de Eva:
Eva naceu nunha familia "de loitadoras", na cal nunca ninguén se atreveu a tomarse un día de vacacións. "O campo non descansa", era el lema. Agora soña con escalar a súa consultora dixital, e, á vez, ter máis tempo libre.
Fomrouse moito para iso, os seus clientes están encantados con ela, e as cosas "van ben", pero nunca o suficiente como para que poida descansar: iso a deixa nun círculo vicioso, no cal o seu emprendemento é á vez unha fonte de orgullo e resentimento. 

Aínda que non o admita nin a sí mesma, ten interiorizado o lema da súa familia, "o campo non descansa", e a idea de que emprender é loitar. Cando non loita, entra certa ansiedade: si as cousas van ben, sen loita, sente ata culpabilidade. O problema é que non é consciente nin das mensaxes recibidas, nin de que a súa forma de actuar é unha forma de lealdade, unha forma de demostrarse a sí mesma (e inconscientemente, a súa familia) que segue sendo parte da súa familia. Por moito que o logre, o éxito non lle chega: que é como dicir que queda na loita.

Montagna entende que Eva podería librarse de todos eses condicionamentos tomando conciencia, coa axuda deste obradoiro de emprendemento sistémico.

Inscrición

Tenderá lugar no coworking Espazo a Maceta, na Avda. Castelao, 123, Muros, o sábado 23 de setembro, de 10:00h a 14:00h, ten un custe de 30€ e podes inscribirte a través do Instagram @Espazo_A_Maceta, no propio espazo, ou no +34633363238.

 

Comentarios