Martes. 05.11.2024
El tiempo

Teatro de igualdade para o 25N de Muros

AS Virxes Salvaxes
Teatro de igualdade para o 25N de Muros

O concello de Muros quixo conmemorar no mes de novembro dúas das súas principais efemérides, a celebración da patroa da música e o Día contra a violencia de xénero; e para pechar o mes, lembra as dúas conmemoracións, o sábado, 28, co grupo Teatro do Noroeste, que representará “As Virxes salvaxes” e o domingo 29 pecha o ciclo cunha actividade musical, a actuación de Xacarandaina.
Día e hora: sábado 28 de novembro, ás 20:30 horas.

“As virxes salvaxes” é unha comedia sobre a absurda pero necesaria situación de recluír aos nosos maiores en institucións que os atendan e coiden.

Domingo con Xacarandaina

Xa o domingo 29 de novembro, ás 18:00 horas,o Auditorio do Centro Cultural de Muros acolle a actuación do grupo tradicional coruñés Xacarandaina, un gran referente da cultura do noso país pola súa labor histórica na recuperación do noso patrimonio cultural.


As entradas tén que ser reservadas previamente nas oficinas do centro cultural de Muros, no teléfono 981762294 ou no correo electrónico [email protected] , de luns a venres, de 08:30 a 15:00 horas.

Comentarios