Xoves. 29.10.2020
El tiempo

O teatro e a música volven invadir Muros e Esteiro

O teatro e a música volven invadir Muros e Esteiro

Volve a cultura a Muros, e por partida doble. Por Esteiro, a Alameda acollerá unha nova sesión do Festival das Carrilanas Km.0, cun concertazo de Terbutalina e de Archivo Adxunto. Dúas bandas locais, unha absolutamente afianzada no panorama estatal, e outra emerxente, que xa provocaron que se agotasen todas as entradas. Unhas entradas que se reservaban online, de balde, polo que dende a organización piden que a que xente que non poida acodir que as devolva.

Teatro en Muros

Presentacion do Mel non caduca en Muros copia

O auditorio do Centro cultural e xuvenil de Muros está collendo de novo o seu ritmo de prgramación continua. E este vindeiro sábado, ás 21:30h, acolle a obra de Ibuprofeno Teatro “O mel non caduca”.

Unha obra que chega a través do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021, que veu presentar Valentín García, Secretario Xeral de Política Lingüística da Xunta. O ciclo abriuse o pasado 18 co Concerto “Enraizada” e pecharase os venres 9 e 16 de outubro coa representación de “Onde están as Mulleres da Cultura?”.

Este sábado veremos en escena a Marián Bañobre e Avelino González, dous grandes do panorama teatral galego, dirixidos por Santiago Corregoso, neste “espectáculo biodegradable e ecosostible xestado a partir dun proceso de creación colectiva, arredor da relación do ser humano cos obxectos, da degradación ecolóxica do planeta por mor da perversa lóxica consumista do capitalismo e da obsolescencia programada, tanto dos produtos como das persoas.”

As entradas son de balde, pero co aforo limitado resulta imprescindible a reserva previa no teléfono 981762294.

comentarios