Martes. 19.03.2024
El tiempo

As Carrilanas organizan o seu Festival km.0 para poñer en valor o talento das bandas muradás

Festival Carrilanas km0 2020
As Carrilanas organizan o seu Festival km.0 para poñer en valor o talento das bandas muradás

Darlle cancha ao talento que hai nas bandas da casa sempre foi unha das metas do Festival das Carrilanas de Esteiro. E este singular verán, a organización vén de decidir armar unha edición especial cunha serie de bandas da Factoría Nasmo das que ademais nos encanta ver medrar.

Nace así o Festival das Carrilanas km.0, que comeza este domingo 9 e estará activo ata o 4 de setembro. Son varias as localizacións polas parroquias muradás entre o Ancoradoiro e Medrón (o Curro da Praza de Muros, Artón, a Pista de Valentún, a Pista de Cabanas, a Pista da Xesta ou o Campo da Festa de Louro), cun aforos moi limitado pero moita vida.

A primeira en romper o xeo será a artista Sokie, e irá dando paso aos Deleiba, Mon e Ula Monoulious DOP, Lisdexia, Sonophobia, Maestro, The Rapants, Archivo Adxunto e, como peche final, os mesmísimos Terbutalina.

Máis novas musiqueiras de Muros

 Novas relacionadas

Comentarios