sábado. 10.05.2025
El tiempo

Tramitando o Tícket Eléctrico Social e outras exencións

Tramitando o Tícket Eléctrico Social e outras exencións
ticket_social_electrico Fai falta información sobre cousas como estas. O Ticket Social Eléctrico, as exencións do canon da auga, a exención do IBI… Moitas familias, con máis ou menos recursos, están desaproveitando vantaxes que os Concellos non promocionan debidamente.

Hoxe son os Servizos Sociais do concello de Muros os que nos informan de que xa se poden tramitar as solicitudes das axudas ao INEGA (Instituto Enerxético de Galicia), para a concesión do ticket eléctrico social ata o vindeiro 5 de novembro. Un servizo que realizan todos os concellos pero sen a debida información.

O tícket eléctrico social consiste nunha axuda directa de 45€ semestrais para as familias que cumpran os requisitos esixidos na convocatoria, familias nas que convivan fillos menores de 18 anos e nas que a suma de ingresos totais da unidade familiar convivencia non superen o indicador público de renda de efectos múltiples. Esta axuda pode acadar os 60 € no caso de familias numerosas.
O procedemento establecido para a concesión do tícket establece que a presentación de solicitudes deberá facerse exclusivamente por medios electrónicos. Os servizos sociais dos concello de Muros, dirixidos por Sandra Maneiro, poñen á disposicións dos veciños os medios os solicitantes poidan acceder a estas axudas da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).

Comentarios