Trasladan ao hospital unha muller que caeu á auga no peirao de Muros
20:09 01/02/18
Unha muller tivo que ser trasladada esta tarde a un centro hospitalario no helicóptero medicalizado con base en Santiago despois de caer á auga no peirao de Muros.
Os feitos sucederon ao fío das 15:25 horas. Nese momento, o 112 Galicia recibía a alerta do ocorrido a través dun particular. Indicaba que acababan de sacar da auga a unha muller no molle de Muros.
O persoal do CIAE 112 Galicia puxo a situación en coñecemento do 061-Urxencias Sanitarias, da Policía Local e do GES de Muros.
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- 112