Mércores. 09.10.2024
El tiempo

Tres mariñeiros de Muros desaparecen nun accidente no mar en Asturias

Tres mariñeiros de Muros desaparecen nun accidente no mar en Asturias
O arrastreiro Santa Ana naufragou en Asturias

Malas novas as que nos volven chegar do mar. Desta volta dende Asturias, onde o arrastreiro muradán Santa Ana naufragaba esta noite a media milla do Cabo Peñas. Dos seus 9 tripulantes, só o seu patrón, Manuel Simal Sande, natural de Abelleira, puido ser rescatado e foi evacuado ao porto de Luanco.

Dous corpos xa foron atopados sen vida, aínda sen identificar e outros seis tripulantes desapareceron, segundo informa Salvamento Marítimo. Polo que alomenos, entre os mortos e desaparecidos hai polo menos tres mariñeiros de Muros, das parroquias de Esteiro, Abelleira e Tal. Non se descarta que os desaparecidos se encontren no interior do arrastreiro.

O buque, con base en Matosinhos é propiedade do armador de Muros, José Balayo.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios