venres. 06.06.2025
El tiempo

Unha impresora provoca un incendio no PAC de Muros

Unha impresora provoca un incendio no PAC de Muros
Impresora que causou o incendio no PAC de Muros Impresora que causou o incendio no PAC de Muros

Menos mal que foi de madrugada. Esta pasada noite, de domingo a luns, unha impresora en chamas provocaba un incendio do Centro Sanitario PAC de Muros, e fixo que se enchera de fume. Afortunadamente só ardeu a impresora, e as lapas puideron ser extinguidas rapidamente polos efectivos do GES de Muros e os Bombeiros de Cee. Os membros do GES apagaron o lume tras interromper a corrente eléctrica e, finalmente, procederon a ventilar o inmoble.

Ges de Muros sofocando un incendio no PAC Un membro do GES de Muros sofocando un incendio no PAC

Tempora muradán

Arbore caida en Muros

Numerosas incidencias en Muros dende o pasado xoves pola noite ata a mañá do domingo por mor dese forte temporal que deixou numerosas incidencias pola volta. Por Muros, as incidencias máis importantes produxéronse nas estradas secundarias, DP 4502, DP5604 e DP3404, que son as van de Pino de Val e Valadares a Outes, con varias árbores caídas que tiveron que ser retiradas polo GES.

Varias desas produxeron momentos de cortes eléctricos sobre todo na zona de Louro.

Novas relacionadas

Fonte

  • Ges de Muros.

Comentarios