xoves. 01.05.2025
El tiempo

Unha xornada ambiental para eliminar a flora exótica invasora da Lagoa de Louro

Unha xornada ambiental para eliminar a flora exótica invasora da Lagoa de Louro
A Lagoa de Louro e un tesouro medioambiental que compre coidar Xornada de voluntariado de erradicacion das invasoras na Lagoa de Louro

É un tema, o das invasoras, moi polémico e con moi pouca atención mediática. Pero lugares cunha natureza tan peculiar coma estes merecen un coidado especial.

Falamos da Lagoa de Louro, onde a ADEGA convoca unha actividade de voluntariado ambiental que se celebrará o sábado 18 de xullo. A ornada de eliminación de flora exótica invasora realizarase nun lugar de importante valor ecolóxico como é a Lagoa de Louro (Muros) que forman parte do LIC Monte e Lagoa de Louro.

A xornada faise no marco do convenio asinado en 2015 por ADEGA coa Dirección Xeral de Conservación da Natureza para desenvolver un programa de educación, divulgación e voluntariado ambiental que contempla actuacións centradas na conservación de especies e hábitats na xeografía galega e na loita contra as especies exóticas invasoras.

Inscrición

As prazas son limitadas polo que é preciso inscribirse no correo: pacobanhobre@adega.gal, ou nos seguintes números de tlf: 981 57 00 99 / 619 672 038.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios