Martes. 10.12.2019
El tiempo

Un Goya para as Carrilanas de Esteiro

Luiz Zahera non dubidou en montar nas Carrilanas de Esteiro
Luiz Zahera non dubidou en montar nas Carrilanas de Esteiro
Un Goya para as Carrilanas de Esteiro

Volveu convertirse no epicentro galego do deporte artesanal e da música, no marco da XXXII Edición do Gran Prix de Carrilanas de Esteiro e o Festival das Carrilanas.

Xa o venres había un ambiente excepcional, que comezaba pola tardiña cos adestramentos libres, como todo Gran Prix que se prece. Foi, como non, a alma das carrilanas Ramiro García “O Gerente”, o que abriu a sesión, que serviu ademais para disfrutar do enxeño e imaxinación dos artesáns, que fixeron carrilanas de todo tipo e condición.

Pola noite, o deporte máis artesanal do planeta daba paso á música. Unhas 5.000 persoas enchían o recinto de Artón, en pleno centro do pobo e a carón da praia, absolutamente entregadas, con gañas de gozas das mellores bandas do país (foi o festival máis galego dos que hai por toda a volta), saíron ao Escenario Mahou os locais Lisdexia, os composteláns (e xa referentes en toda a península) Novedades Carminha), os taméns muradáns Terbutalina (outros que xa trascenden das fronteiras de Galicia) e Monolious Dop, a banda máis de moda do ano.

Concerto de Terbutalina en Esteiro
Terbutalina en concerto

Exposicion de Carrilanas en Esteiro

O sábado foi un día completo, con pasarrúas de “Blues do país” e “A Tajea”, aderezando a indispensable visita á famosa exposición de Carrilanas da Alameda. Na zona de mercado actuaban A Tajea.

Pola tarde, a Pole Position é outra das citas máis vividas, sendo Fran Piñeiro e Xián García, da escudería Cachis Boys os primeiros por diante, con apenas 4 décimas de vantaxe, sobre Vidal Ferández e Roi Castrelo. En terceira posición terminaron os vencedores dos dous últimos gran prix, Anxo Gómez e Manuel Priegue. Quedaba todo para o domingo, porque a noite do sábado daba para disfrutar.

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Itaca Band, Dakidarria e Nave fixeron as delicias do público, que volvía ateigar o recinto. A música tampouco faltou o domingo, e foron De Vacas os que abriron o telón da sesión vermú no Escenario Eroski, para dar paso a un dos grandes protagonistas da noite. Luís Zahera, recentemente galardoado cun Goya, falou en clave persoal (xa non era a primeira vez que estaba nas Carrilanas) sobre este singular festival.

Concerto de De Vacas en Esteiro
Concerto de De Vacas

A gran final do Gran Prix

Carrilanas Esteiro son divertidisimas

Pero o máis esperado da fin de semana estaba por chegar, a carreira, o evento para todos os públicos, gratuíto e para gozar en familia, seguindo o formato de sempre, dividindo en tres categorías: niñ@s, lentas e rápidas. Milleiros de persoas ateigaban a Costa do Maio para disfrutar do espectáculo.

A máis intensa e esperada na vila coma se tratase de Montecarlo, é a carreira rápida. Finalmente os vencedores foron Vidal Fernández e Roi Castrelo. Despois de moitas edicións no podio, desta volta puideron subir ao chanzo máis alto. As palabras do presidente da entidade organizadora “vitoria máis que merecidísima, abrigo pola constancia nos últimos anos nas que a mala sorte impedíalle a Vidal cruzar a liña de meta primeiro. Desta vez fíxose o soño realidade”, explicou David Fernández Lado.

Agora toca levar as carrilanas a boxes, e recuperalas para o ano que vén.

Chegada das Carrilanas Esteiro
Chegada do Gran Prix das Carrilanas de Esteiro

Chegada das Carrilanas-Foto-Xose Sendon
Foto Xosé SendónCarrilanas Esteiro-Foto-Xose Sendon
Foto Xosé Sendón

Novas relacionadas

Comentarios