Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Audre Lorde celebra os 10 anos de historia en feminino da Galería Mulleres de Muxía

Audre Lorde na Galeria Mulleres de Muxia-Marzo 2020
Audre Lorde celebra os 10 anos de historia en feminino da Galería Mulleres de Muxía

10 anos leva Viki Rivadulla escribindo a historia en nome de muller. A Galería de Mulleres da Biblioteca da Muller do Concello de Muxía ten recollidos xa 120 nomes de mulleres dende María Lado a estrease en marzo de 2010. Un xeito de recoñecer a labor de ducias de mulleres que fan posible un mundo mellor.

Este mes de marzo de 2020, Viki vaise ata o barrio de Harlem, en Nova York, para contar a historia de Audre Lorde, unha brava “guerreira poeta feminista, negra e lesbiana”, como ela mesma se declaraba.

Tanto como poeta como ensaísta é unha voz excepcionalmente lúcida do feminismo contemporáneo; loitadora polos dereitos da muller afroamericana, polos dereitos civís, contra o racismo e a opresión, é icona feminista internacional.
As súas obras buscan o empoderamento frente ao capitalismo, racismo e heterosexismo, mostrando unha posición política feminista dende unha crítica decolonial.

O seu texto fundamental é "Sister Outsider", un libro de ensaios que contén varios dos seus escritos e conferencias máis influintes das loitas contra o racismo, o machismo e a opresión heteronormativa . Escribiu moita obra, fecunda e combativa, como “O unicornio negro”, libro de poemas que fala das opresións sobre unha muller negra e lesbiana ou “Os diarios do cancro” logo de pasar pola experiencia do cancro de mama e de reflexionar sobre as discriminacións sufridas polas mulleres, que se superpoñen ás de raza e de orientación sexual e que se suman á dor da enfermidade.

O seu activismo procuraba un lugar de encontro das voces de todos aqueles suxeitos que constitúen a outredade fronte á distribución dos corpos desde o racismo e heterocisnormatividade. Cuestionando as xerarquías globais e plantexando a necesidade de reconfigurar os modos de dicir e facer literatura para subverter a orde establecida.

10 anos da Galería Mulleres Muxía

Fonte

  • A Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.

Comentarios