Martes. 19.03.2024
El tiempo

Novembro acolle á abolicionista e activista feminista Sojourner Truth na Galería de Mulleres

imaxe galeria mulleres muxia sojourner truth
Novembro acolle á abolicionista e activista feminista Sojourner Truth na Galería de Mulleres

A Galería de Mulleres da Biblioteca de Muxía adica este mes a Sojourner Truth (Swartekill, Nova York, 1797 – Battle Creek, Míchigan, 1883), unha abolicionista e activista que loitou polos dereitos da muller.

Truth foi escrava emancipada. Se tiveramos que facer alusión a un texto fundacional do feminismo negro, sería o discurso «Ain’t I a Woman?» “Acaso non son unha muller?” de Sojourner Truth, na Convención dos Dereitos da Muller en Akron, en 1852.

Sinalou como á opresión sobre as mulleres había que sumar a opresión por ser negra. Truth cuestiona que a identidade de xénero sexa homoxénea e resulta fundamental para recoñecer as experiencias das mulleres negras:

“O home di que as mulleres necesitamos ser axudadas nas carruaxes, ao pasar gabias e que debemos ter o mellor lugar. Ninguén me axuda a min nas carruaxes, nin me levantan ao pasar gabias ou charcos de barro. Nin me ceden o mellor lugar! Acaso non son unha muller?. Mírame! Mira o meu brazo!. Arei,sementei e recollín celeiros e ningún home encabezou a miña tarefa!. Acaso non son unha muller?. Podería comer tanto coma un home- se é que consigo ter que comer- e aguantar o látego tamén! Acaso non son unha muller?. Parín trece fillos e vin como a maioría eran vendidos coma escravos; e cando chorei coa pena fonda dunha nai ninguén agás Xesús me escoitou!. Acaso non son unha muller?”

“Traballei tanto coma a maior parte dos homes. Se eu traballo tanto coma un home, por que non me poden pagar coma a el?(...) Coñecín mulleres que tiñan moito máis xuízo que os homes. Falei con elas. Dádelle unha oportunidade. Isto é o que os homes teñen- medo a que as mulleres os degraden. As mulleres deberían superar aos homes durante un tempo para que eles volvan ao seu sitio”.

Galería Mulleres Muxía

Fonte

  • A Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.

Comentarios