Martes. 19.03.2024
El tiempo

Greta Thunberg: acción contra a crise climática na Galería Mulleres de Muxía

greta thunberg na Galeria Mulleres de Muxia
Greta Thunberg: acción contra a crise climática na Galería Mulleres de Muxía
Greta Thunberg: acción contra a crise climática na Galería Mulleres de Muxía

Hoxe pode ser outro #FridaysforFuture, como o comprometido venres pasado, no que as escolas da bisbarra demostraron o seu poder de mobilización e concienciación. E así o celebra a Galería Mulleres da Biblioteca de Muxía, coa dedicación do mes de outubro a activista contra a Crise Climática Greta Thunberg.

Esta moza sueca, nada en 2003, segue loitando para mobilizar ao mundo, dende a mocidade, a pesar das inmorais críticas dos que a consideran parte do lobby naturalista. Porque a mocidade reclama un lugar onde vivir no futuro de xeito sostible, un legado responsable por parte das xeneracións que agora detentan o poder para xestionar o que vai ser a súa herdanza e facer un cambio de rumbo antes de que sexa totalmente irreversible.

Con 15 anos comezou a manifestarse fronte o parlamento sueco cunha pancarta pedindo unha reacción fronte ao cambio climático. A súa loita inspirou a milleiros de adolescentes que comezaron a pronunciarse e manifestarse en diferentes países, seguindo a protesta que ela comezou.

Greta asiste a distintos foros internacionais para expor as súas reivindicacións, converténdose en todo un fenómeno mediático que esperta conciencias e tamén controversia e ataques á súa persoa. A súa loita pon nas primeiras páxinas dos diarios e nas axendas de moitos debates o problema urxente do coidado do planeta.

 

Galería Mulleres Muxía

Fonte

  • A Biblioteca da Muller de Muxía, da man de Viki Rivadulla.

Comentarios