venres. 06.12.2024
El tiempo

Unha viaxe pola historia dos Señoríos de Nemancos con Kike Benlloch

Unha viaxe pola historia dos Señoríos de Nemancos con Kike Benlloch
Documento do escriban Roy de Verdoas en 1363 nas Terras de Nemancos-Fonte-Estudio Nemancos de Kike Benlloch

Tal día como hoxe, hai 651 anos, asinábase un documento tremendamente importante para a historia da Costa da Morte, para esas Terras de Nemancos, que xa nos descubría hai tempo Víctor Castiñeira. Naquela data de "XXII días dabril" de 1363 o escribán Roy de Verdoas exercía o seu oficio notarial na xurisdición de Muxía. O legado documental que nos deixaron os escribáns aporta unha información de valor e volume incalculable sobre o xeito de vida dos nosos antergos e mais os poderes e delimitacións territoriais das terras galegas nestes seis séculos e medio transcorridos.

Benlloch-facendo-un-apuntamento-en-Moraime

Así nolo conta o propio investigador costeiro José Enrique Benlloch del Río, co que xa temos berrado pola recuperación de Moraime, que vén de presentar unha nova web na que recolle un traballo con anos de investigación detrás. Un proxecto, Nemancos, unha web, nemancos.kikebenlloch.com, a través da cal podemos descubrir como se organizaba administrativamente o Occidente da provincia da Coruña, os escribáns que alí operaban, os señoríos nobiliarios e ecleciásticos que mandaban nas antigas xurisdicións e a correspondencia destas cos actuais municipios. E tamén as parroquias, como núcleo e fío condutor desde aquelas a estas.

Así, en cifras, o proxecto ten analizado 255 notarios, 67 signos de notarios, 21 xurisdicións, 11 señoríos, 78 parroquias de 11 concellos, 10 documentos e varios mapas. Impresionante a Cronoloxía dos signos dos escribáns, con símbolos auténticos

Sen máis, convidámosvos a que descubrades este traballo acompañado de mapas e cronoloxía interactivas, arredor de centenares de notarios e decenas de parroquias e xurisdicións, con numerosas mostras de antigos manuscritos, así como as características e elaboradas sinaturas (en latín, 'signa') dos escribáns.

Novas relacionadas

A Baixa Idade Media na Costa da Morte: As orixes das terras de Nemancos. Con Víctor Castiñeira

Fonte

Comentarios