mércores. 14.05.2025
El tiempo

A Coral Xan Mella quenta para o Encontro de Corais de Muxía

A Coral Xan Mella quenta para o Encontro de Corais de Muxía

Muxía acolle esta vindeira fin de semana o III Encontro de corais da Costa da Morte. Un concerto no que participarán as máis representativas corais da bisbarra como a Coral Airiños de Quenxe (Corcubión), Coral da Escola de Música de Carnota (que tamén estará no III Encontro de ESMUs que se celebrará en Muros este sábado 28 de maio), Coral Municipal de Mulleres de Camariñas, Coral Polifónica Virxe da Barca (Muxía), e como non, a Coral Polifónica Xan Mella (Baio). Unha coral, a zaense, moi activa.

De feito, esta pasada fin de semana actuaba en Calo-Teo, onde tamén actuaron a coral corcubionesa, pero que por mor dun accidente dun parente dunha coralista tiveron que marchar correndo.

A Xan Mella estreou varias pezas, como a "Ruada de Chamosa" que gustou moito, tanto ou máis que "California Dreamin", e o público bateu palmas coma nunca ao compás de "Katiusha". Estos tres temas serán os que cantarán precisamente este sábado 28 de maio en Muxía.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios