A Fundación López Abente e a SEMESCOM unen forzas para coidar o patrimonio

11:09 03/03/11

"As imaxes de Santiago nas igrexas e santuarios da Costa da Morte"

Ficha técnica
- Guión: Manuel VILAR / Xosé Mª LEMA.
- Dirección: Xosé Mª LEMA.
- Produción e imaxe: Marcos GALLEGO.
- Narración: Elena MAREQUE.
- Edición e posprodución: Mon MOARES. Peregrino: Manuel VILAR.
- Fotos: Eva LÓPEZ AÑÓN, Xosé Mª LEMA.
- Duración: 16 min.
- Subvencionado por: Deputación da Coruña (Proxecto Singular “Percorrendo Vieiros da Costa da Morte”) .
Sinopse
Un peregrino chega de afastadas terras a Compostela. Unha vez visitada a catedral, sente o impulso de continuar a súa viaxe cara ás terras da Fisterra, considerada a fin do mundo polos antigos. Interesado pola iconografía xacobea, leva na súa mente as representacións do Apóstolo que viu na catedral compostelá (o peregrino da Porta Santa e da fachada do Obradoiro, o belicoso cabaleiro con espada na man matando mouros, os sedentes do altar maior e do Pórtico da Gloria…). Tiña noticia de que nas terras máis occidentais, de ricas lendas xacobeas, atoparía outras iconografías. Evocando no seu pensamento estas antigas lendas emprende o Camiño de Fisterra para comprobalo: ademais das iconografías máis tradicionais –o peregrino e o matamouros- nas igrexas e santuarios da Costa da Morte o peregrino poderá contemplar outras imaxes de Santiago que practicamente só existen neste territorio, como a da Barca de Muxía –onde o Apóstolo aparece axeonllado a pé da barca na que ven a Virxe María (iconografía semellante á do Pilar de Zaragoza)- ou a de Cereixo, onde se representa a translación en barca do corpo sen vida de Santiago de Palestina a Galicia (é a translatio Beati Iacobi). No documental tamén aparecen os senlleiros Santiagos peregrinos de Santa María das Areas de Fisterra, os sedentes de Coucieiro e da Ameixenda, os cabaleiros das fachadas de Traba e do Briño (Borneiro) etc.Novas relacionadas
- A Fundación López Abente nace ben escoltada.
- Corcubión foi de viaxe polos Faros da Costa da Morte guiados por Manuel Vilar.
- O Seminario de Estudos Comarcais presentou o deuvedé da maxia dos “Faros da Costa da Morte”.
- Muxía tamén quere ser "Vila Literaria" .
Máis novas
- Unha de Cruceiros co Seminario de Estudios Comarcais para abrir o 2011.
- Moito máis que unha guía sobre as Terras de Soneira da man da SEMESCOM.
- I Certame de poesía Penedos de Traba e Pasarela: Unha de penedos en verso.
- O Seminario de Estudos Comarcais da Costa da Morte presenta un DVD da Ruta das Antas.
- O Seminario de Estudos Comarcais salva os Penedos.
- Caldendario 2010: Os Cabazos.
- Calendario 2009: Os Penedos de Traba e Pasarela.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).