Venres. 18.10.2019
El tiempo

A Galería Mulleres expón este outubro á escritora Teresa Moure

A Galería Mulleres expón este outubro á escritora Teresa Moure

Teresa Moure, esta escritora e profesora de Lingüística na Universidade de Santiago de Compostela, nacida en Monforte de Lemos aló polo 1969, é a protagonista deste mes de outubro de 2011 na Galería Mulleres do Concello de Muxía. Unha Galería que serve para ir coñecendo, nome a nome, ás mulleres máis relevantes da historia contemporánea galega. Todo recollido na Biblioteca da Muller do concello muxián.

Tremenda esta Teresa Moure, cunha potencia nos seus escritos que traspasan as paredes. De feito, apunta que "no seu tempo libre ás veces escribe, mesmo nas paredes e no mobiliario urbano, aínda que procura sempre que non a pillen porque non quere cargarse a súa reputación de persoa cívica por unha destas arroutadas artísticas. Entre parede e parede, conversa coa xente que atopa, cultiva plantas e acompaña as formigas até o seu furado. O seu maior desexo sería pastorear unha manda de xirafas mais, como estes teimudos animais non se dan afeito ás choivas galegas, está pensando en inventar algo con que varrer as nubes negras do sitio que ocupan. Non polas xirafas, senón porque este país tamén merece sol". Así nolo contan dende a Biblioteca de Mulleres muxiá.

Máis información sobre Teresa Moure

Novas relacionadas

Galería Mulleres de Muxía

Fonte

Comentarios