A Galería Mulleres expón este outubro á escritora Teresa Moure


Teresa Moure, esta escritora e profesora de Lingüística na Universidade de Santiago de Compostela, nacida en Monforte de Lemos aló polo 1969, é a protagonista deste mes de outubro de 2011 na Galería Mulleres do Concello de Muxía. Unha Galería que serve para ir coñecendo, nome a nome, ás mulleres máis relevantes da historia contemporánea galega. Todo recollido na Biblioteca da Muller do concello muxián.
Tremenda esta Teresa Moure, cunha potencia nos seus escritos que traspasan as paredes. De feito, apunta que "no seu tempo libre ás veces escribe, mesmo nas paredes e no mobiliario urbano, aínda que procura sempre que non a pillen porque non quere cargarse a súa reputación de persoa cívica por unha destas arroutadas artísticas. Entre parede e parede, conversa coa xente que atopa, cultiva plantas e acompaña as formigas até o seu furado. O seu maior desexo sería pastorear unha manda de xirafas mais, como estes teimudos animais non se dan afeito ás choivas galegas, está pensando en inventar algo con que varrer as nubes negras do sitio que ocupan. Non polas xirafas, senón porque este país tamén merece sol". Así nolo contan dende a Biblioteca de Mulleres muxiá.
Máis información sobre Teresa Moure
Novas relacionadas
- Ramón Caamaño busca un novo sucesor en Muxía.
- Tareixa Ledo e Lidia Senra abriron o camiño da muller en Pasarela.
Galería Mulleres de Muxía
- Agosto 2011: Luisa Villalta, na Galería Mulleres durante este mes de agosto.
- Xullo 2011: A galería Mulleres de xullo está dedicada á filósofa e profesora galega Mª Xosé Agra Romero.
- Xuño 2011: Simon de Beauvoír, unha pensadora no xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2011: María do Carme Kruckenberg, muller do maio na Galería Mulleres.
- Abril 2011: A Galería Mulleres viaxa ata Alemaña para coñecer á pintora alemá Käthe Kollwitz.
- Marzo 2011: A fisterrá Celia Rivas protagoniza o marzal da Galería Mulleres de Muxía.
- Febreiro 2011: Xohana Torres, a muller de febreiro na Galería Mulleres de Muxía.
- Xaneiro 2011: Xaneiro é o mes de Luz Darriba na Galería Mulleres de Muxía.
- Decembro 2010: A pensadora María Zambrano, a protagonista do Novembro da Galería Mulleres.
- Outubro 2010: Marilar Aleixandre protagoniza o outubro da Galería Mulleres.
- Setembro 2010: Coñecendo á actriz María Casares coa Galería Mulleres.
- Agosto 2010: A actriz e escritora Paula Carballeira protagoniza o agosto da Galería Mulleres.
- Xullo 2010: A transgresora pintora Maruja Mallo protagoniza o xullo da Galería Mulleres de Muxía.
- Xuño 2010: A escritora e pioneira feminista María Xosé Queizán protagoniza o xuño da Galería Mulleres.
- Maio 2010: Muxía dedica o maio da Galería Mulleres a Rosalía de Castro.
- Abril 2010: A primeira muller membro da RAG protagoniza o mes de abril da "Galería Mulleres" de Muxía.
- Marzo 2010: María Lado estrea a Galería Mulleres do Concello de Muxía.