A Lareira gaña o IV Concurso da Tapa Muxiá co seu crocante


Xa temos gañadora do IV Concurso de Tapa Muxía. Onte tivo lugar a apertura das furnas nun acto aberto ao público, no que estiveron presentes dos representantes dos 12 establecementos participantes, xunto coa Concelleira Purificación Lema Pose, e a técnica de cultura e a secretaria do Concello para dar fé do proceso de escrutinio.
E tras facer a conta, a tapa gañadora deste 2012 é o "Crocante de Queixo de cabra con marmelo" do Bar A Lareira.
En segundo lugar quedou o Bar O Xardín, co seu "Pecado Orixinal".
De terceira quedou a tapa "Axitado, pero non revolto", do Restaurante O Pinar.
Ademais, o Concurso traía un sorteo entre os votantes dunha cea para dúas persoas no establecemento gañador, e a sorte recaeu na veciña muxiá, Lola Barrientos.

Cómpre destacar que a participación foi bastante boa, na liña dos anos anteriores, e que serve para dinamizar o tecido hostaleiro muxián nas vísperas de Nadal. Así ademais de A Lareira, O Xardín e mais O Pinar, participaron O Coral (gañador do ano pasado, El Riojano, Casa dos Congrios, O Cordobés, O Prestige, A de Loló, O Porto, A Dorna e a Confitería Galicia.
Novas relacionadas
- Muxía xa camiña cara o mar cunha nova marca turística.
- Os novos sucesores de Ramón Caamaño teñen obxectivo da Costa.
- As tapas volven saltar por Muxía co IV Concurso de Tapa Muxía.
- 2011: O iogurín do Coral gaña o Concurso de Tapa Muxía.
- 2011: As 11 tapas que corren polas barras dos bares de Muxía.
- 2009: Xa corren as tapas por Muxía.