A Romaría da Barca pechará o verán por todo o alto
Xa temos cartel (ou parte) da Romaría da Virxe da Barca, a festa das festas. I é que toda a Costa da Morte acode cada setembro ata Muxía para celebrar esta festa que serve para dicir adeus ao verán. Ademais, é unha das 9 Festas de Interese Turístico da Costa da Morte, un dos grandes reclamos da nosa bisbarra.
Este ano será especial tralo incendio do Santuario o pasado mes de decembro mentres continúan as obras de restauración.
Fe e troula
Pero non faltará nin a fe nin a troula, iso seguro, pois como vimos vendo nestes últimos anos, a Romaría non baixa o ritmo, e a devoción dos romeiros e a troula dos festexeiros combinan case que á perfección. Iso si, ás veces o esceso de troula trae algún que outro contratempo, pero esperemos que pouco a pouco a xuventude vaia aprendendo a recoller o seu lixo.
4 días de verbena
Non parará a música nos 4 días da fin de semana do venres 12, sábado 13 e domingo 14, ademais do local luns 15 de setembro de 2014. Todos os días teremos concertos da Coral Polifónica da Barca, así como xigantes, cabezudos e grupos de gaitas facendo o pasarrúas.
O venres arrincará ás 12:00h coa tirada de 21 bombas de palenque, a misa e a sesión vermú co grupo Troco, que abrirá unha verbena coas orquestras Samba e Triunfo.
Para o sábado 13, e sen apenas durmir, toca sesión vermú con Alaska Deluxe, que abrirá a verbena con Alkar e Metrópolis, despois de que pola tarde haia demostracións de zumba. O punto forte das festas será a gran sesión de fogos de artificio ás 0:30h, e a música non parará ata ás 9:00h.
O domingo é o día grande, o día da Romaría. Milleiros de romeiros achegaranse ás pedras da Barca para facer o ritual e disfrutar, ás 14:30h, da “Maior Traca de Bombas de toda Galicia”, aí é nada o título honorífico. Todo, despois de que ás 12:00h saia a procesión da Santísima Virxe da Barca ata a Igrexa Parroquial.
E pola noite, máis festa con Xente Nova e Galilea.
E o luns 15 xa é o día para o disfrute dos muxiáns. Os turistas e veciños doutras partes de Galicia terán que traballar, pero os muxiáns teñen un día de marxe para recuperar, ou para seguir trouleando. Arrincaremos coa procesión de volta da Virxe dende a Igrexa ata o Santuario, seguimos coa sesión vermú da man da Delirio, que repite pola noite con Jerusalen.
Veñan e disfruten da “Romaría máis popular de toda Galicia”!
Novas relacionadas
- Festas da Barca 2013: A Romaría da Barca non baixa o ritmo.
- Festas da Barca 2012: Ritmo trepindante nas dúas e grandes Festas da Barca.
- Festas da Barca 2011: Romeiros e festexeiros puideron coa chuvia na Barca.
- Festas da Barca 2010: A Festa das Festas.
- Festas da Barca 2009: Milleiros de persoas abalaron a Barca (con resumo e galería de Marcos Rodríguez).
- Festas da Barca 2007: A Barca by Dani.
- A historia da Romaría da Barca, por Manuel Vilar.
- As 9 Festas Turísticas da Costa da Morte.
- Como soa da Pedra de Abalar cando abala?.
- Recunchos da Costa: As Pedras da Punta da Barca.
Artigos sobre o incendio do Santuario da Virxe da Barca
- Viki Rivadulla: A Barca, a pedra e o futuro.
- Luchy Castro: “A Barca, unha Seña de Identidade muxiá”.
- Viki Berre: “Que a Barca nos leve a alma, pero non o sentido común”:
- Manuel Vilar: A Barca: reflexións sobre unha xeografía simbólica.
- Lema Suárez: Reflexións sobre o incencio do Santuario da Barca de Muxía.
- 31-03-14: Os técnicos propoñen situar a Pedra de Abalar no lugar idóneo para que volva moverse.
- 08-01-14: A Igrexa asumirá integramente o custe da rehabilitación do Santuario da Barca mentres a Xunta adxudica xa o proxecto.
- 30-12-13: Os bombeiros critican a falta de recursos pero louban a labor de Protección Civil no incendio da Barca.
- 27-12-13: A imaxe da Virxe da Barca está a salvo pero os gastos da rehabilitación rozarán o millón de euros.
- 27-12-13: Da repercusión do incendio do Santuario da Virxe da Barca.
- 25-12-13: Un raio incendia o Santuario da Virxe da Barca por Nadal.
- Redacción de QPC ([email protected]).