A SEMESCOM cede un tesouro en forma de libros á Biblioteca muxiá


A pasada mañá, o presidente da Seminario de Estudos Comarcais para a defensa do patrimonio da Costa da Morte (SEMESCOM<&a>), Xosé María Lema Suárez, xunto con Xan Fernández Carrera, achegáronse ata o Concello de Muxía para facer entrega ao Alcalde, Félix Porto, dun lote de libros para a Biblioteca Municipal.
Os libros foran solicitados pola encargada da Biblioteca, a técnica de Cultura Viki Rivadulla, que está organizando unha sección con libros sobre Muxía e a Costa da Morte. Púxose en contacto co Seminario, do que ela mesma forma parte, para solictar as publicacións que levan feito e que son unha aportación valiosísima para que aquelas persoas que se acheguen á biblioteca, teñan documentación para coñecer a nosa comarca.
Entre os libros doados muitos títulos que investigan e descreben o patrimonio etnográfico e cultural: cabazos, antas, romarías, cruceiros, os Penedos, e mesmo literatura. Tamén algúns libros do propio Lema que non son publicacións do Seminario (outros del sí o son), como o seu primeiro libro "Bamiro,un estudo do habitat rural galego" ou a Onomástica de Berdoias.
Como novidade, entregaron unha primicia que ven de sair do prelo, "Os cruceiros máis sobranceiros da Costa da Morte II" de Manuel Vilar.

Fonte
- Departamento de Cultura de Muxía.