Martes. 23.04.2024
El tiempo

Un albergue estilo xaponés para refrescar o turismo muxián

Albergue Xapones en Muxia
Un albergue estilo xaponés para refrescar o turismo muxián

Co ánimo de ofrecer unha nova experiencia no marco do Camiño de Santiago a Fisterra e Muxía, e do Camiño dos Faros, nace o Albergue xaponés et Suseia. Un albergue diferente nunha Costa da Morte acostumada ao “sota, cabalo e rei” nun sector turístico que debería ter dado un impulso en clave de calidade hai anos.

O albergue de estilo xaponés está situado no lugar das Pedragas, en Muxía, conta con literas estilo cubículos pero mais amplas, con tele, internet, cascos, lector usb, lector tarxetas, luz de lectura, luz graduable parala litera, estores opacos, zona de lectura, cociña completa, dous baños uno deles adaptado, menaxe biodegradable, composteiro, zona para bicicletas…

Sandra Paz Lema é a súa “coidadora” e contou coa colaboración de César Gómez na definición do proxecto.

Comentarios