Martes. 08.10.2024
El tiempo

O alto de Pedras Miúdas, a esquecida fortificación do Monte Cachelmo

Vistas dende o Monte Cachelmo a praia de Lourido
Vistas dende o Alto de Pedras Miúdas, no Monte Cachelmo, á praia de Lourid
O alto de Pedras Miúdas, a esquecida fortificación do Monte Cachelmo

Esta semana, o mestre da Universidade de Periodismo de Santiago de Compostela, directir do Consello da Cultura Galega, escritor e divulgador Manuel Gago vén de analizar un espazo singular na costa muxiá. No medio do Camiño dos Faros, un lugar que ás veces queda esquecido no cumio do Monte Cachelmo é o Alto das Pedras Miúdas. Sobre a famosa Furna Buserana, érguese esta “curiosa e moi ben preservada fortificación”.

Monte Cachelmo no Camino dso Faros
Trasn@s subindo cara o Monte Cachelmo nas primeiras edicións do Camiño dos Faros

Gago explica que este moradoiro no promontorio ten unha pequena muralla circular duns 15 metros de diámetro, que podería acoller un grupo de ata 5 persoas que iría turnándose en quendas para manter vixiada a contorna, da entrada no noso mar de piratas ou exércitos á ría de Camariñas é a vila de Muxía. Gago chámalle “Ollos de mar” a estes fachos esparcidos pola costa galega.

O divulgador recoñece que non se sabe moi ben a data desta fortaleza (“a Xunta asíganlle cronoloxía medieval/moderna”, entre os séculos XVI-XVIII). En todo caso, debulla, ademais do Alto, outros restos arqueolóxicos dun cabanote sen catalogar ("o tipo de estruturas perralleiras para refuxiarse durante a Idade Moderna do mal tempo") uns metros máis arriba.

O Alto de Pedras Miudas dende o cabanote do cumio do Monte Cachelmo durante unha expedicion do Camiño dos Faros
O Alto de Pedras Miudas dende o cabanote do cumio do Monte Cachelmo durante unha expedicion do Camiño dos Faros

Gago fai referencia tamén á novela de López Abente sobre a furna da Buserana, e sobre a referencia a un castelo na zona, qeu podería ser o Alto das Pedras Miúdas.

Comentarios