Venres. 29.03.2024
El tiempo

Amelia da Silva, un exemplo da casa para celebrar o Día da Muller na escola de Vilarmide

dav
Amelia da Silva foi a protagonista do 8M no Cole de Vilarmide
Amelia da Silva, un exemplo da casa para celebrar o Día da Muller na escola de Vilarmide

Amelia da Silva é unha nai de Muxía que leva gran parte da súa vida loitando para mellorar as condicións de vida do seu fillo, lesionado medular. Que mellor historia para fiar as actividades escolares do Día da Muller. Así o deciciron no CEIP de Vilarmide - Eduardo Noya, que continúan mirando ao seu arredor para tratar a igualdade en clave coeducativa.

A protagonista acodiu ao centro a contar a nenos e nenas como foi a súa vida e a da súa familia dende que o seu fillo se lesionou, cales foron as súas loitas e cales son os seus problemas. Quedará para sempre nas mentes das criaturas a historia, tan de preto, dunha nai que loitou contra as evidencias e os diagnósticos que afirmaban que o seu fillo nunca volvería a mover nin un dedo tras un accidente que lle danou a médula. Amelia, nunca perdeu a esperanza, loitou contra muros infranqueables, e petou en todas as portas que puido para que o seu fillo puidese ter unha vida o máis autónoma e digna posible.

Mesmo aprendeu a facer rehabilitación e conseguiu que Suso, o seu fillo, poidese mover as mans, comer por si só, pintar… “Ela é un exemplo para todos nós do valor e a forza que unha muller pode ter”, explícanos a directora Dolores Cao.

Os alumnos e alumnas fixeron un pequeno traballo sobre as lesions medulares, como evitalas. A xornada rematou con intercambio de regalos. As crianzas do cole déronlle a Suso, o pequeno, os seus debuxos e ata a súa revista-informe de incidencias sobre accesibilidade, e este respondeu coas súas incribles creacións artísticas en agradecemento.

Debuxos do CEIO Vilarmide sobre accesibilidade
Informe realizado polo alumnado de Vilarmidedav
Debuxo de Suso Vilela

Todas as Novas sobre Igualdade

Comentarios