Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Aprobados 25 millóns de euros para o Parador de Muxía que será unha realidade en 3 anos

Aprobados 25 millóns de euros para o Parador de Muxía que será unha realidade en 3 anos

O Consejo de Ministros aprobaban esta mañá de venres a de maio de 2011, o mesmo día comezo da Campaña, un investimento de 25 millóns de euros para as obras de construción do Parador de Muxía. Unhas obras que desenvolverá a empresa semipública Tragsa. A obras teñen un prazo de execución de 3 anos.

De feito, o propio Félix Porto nos aseguraba que "Antes das eleccións formalizarase a contratación da empresa". Trátase dunha promesa do goberno trala catástrofe do Prestige, pero que necesitou 9 anos para ser desbloqueado.

En todo caso, agárdase que, unha vez rematado, xere máis de 40 postos de traballo.

Datos do proxecto

O proxecto do arquitecto galego Alfonso Penela e presentado no 2010, inclúe as 80 habitacións, SPA, salóns de usos múltiples, restaurante, cafetería, servizos de uso interno (vestiarios, cociñas, almacéns…), aparcamento cuberto para 100 prazas e aparcamento exterior para outras cen prazas, execución da urbanización e acondicionamento de espazos exteriores, así como espazos destinados a albergar a maquinaria necesaria para as instalacións do edificio.

O Parador terá 13.223,33 m2 construídos, dos que 11.895,99 m2 serán superficie útil.

Novas relacionadas

Fonte

  • Radio Nordés - Cadena Ser.

Comentarios