As Festas da Barca xa amosan o final do verán


Xa se albisca setembro, e o final do verán. E para pechalo como manda quen mande, toca a Festa das Festas. Posiblemente sexa a festa que máis xente acolle ao longo do ano. Toda a bisbarra desprázase para dicir adeus ao verán a golpe de verbena e Muxía é tomada pola troula, o botellón e a devoción, sendo un perfecto exemplo de como as festas de hoxendía se dividen entre a tolemia dos máis novos e a tradición dos máis maiores.
As Festas da Virxe da Barca deste 2013 serán os venres 13, sábado 14, domingo 15 e luns 16 de setembro. E virán precedidas, coma sempre, da completa Semana Cultural da Barca, que este ano nos deixará durante segunda semana de setembro chea de cousas. Unha Unidade didáctica sobre López Abente, obras da Escola Municipal de Teatro, xogos populares, Pandeireteiras, contos e títeres con Santi Prego, e concerto con Alvaro Muras Folkatro. E motias cousas máis.
Este ano, esta Festa Galega de Interese Turístico, abre o venres 13 a golpe de orquestra, con sesión vermú e verbena da man das Limón, Triunfo e Océano. O sábado 14 tocará verbeneo ata a 9 da mañá coas orquestras Atenas, Metrópilos e Tekila, e unha gran sesión de fogos de artificio, que servirá para quentar motores para a maior traca de bombas de palenque de toda Galicia, que terá lugar o domingo ás 14:30h.
E como non, o domingo será o día da devoción, cando milleiros de peregrinos se acheguen ás Pedras da Punta da Barca para facer os rituais. Haberá tempo tamén para a sesión vermú coa Nueva Generación e verbena con El Combo Dominacano.
E xa o luns, na festa máis familiar, á que quedan maiormente os veciños da vila muxiá, será con a Fania e Ciclón, e tamén con fogos artificiais ao mediodía.
Novas relacionadas
- As 9 Festas Turísticas da Costa da Morte.
- Como soa da Pedra de Abalar cando abala?.
- Festas da Barca 2012: Ritmo trepindante nas dúas e grandes Festas da Barca.
- Festas da Barca 2011: Romeiros e festexeiros puideron coa chuvia na Barca.
- Festas da Barca 2010: A Festa das Festas.
- Festas da Barca 2009: Milleiros de persoas abalaron a Barca (con resumo e galería de Marcos Rodríguez).
- Festas da Barca 2007: A Barca by Dani.
- Recunchos da Costa: As Pedras da Punta da Barca.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).