As lascas da Pedra de Abalar, os novos “souvenirs” da Virxe da Barca


Dende este pasado verán, un bo anaco da Pedra de Abalar atópase ao carón do Santuario da Virxe da Barca. Rompera hai dous anos, e logo de varios intentos fallidos para pegala e que volva a abalar, fica alonxada da súa laxa nai.
A súa presencia ao carón do Santuario chama a atención dos visitantes, turistas e peregrinos, que non dubidan e achegarse a tocala cando reparan que se trata dun anaco da histórica pedra.
O problema é que a pedra esfólase con facilidade, e con só rascar lixeiramente caen lascas, que os visitantes non dubidan en levar como “souvenir”.

Por agora non é dramática a situación, pero cómpre evitar que se convirta en tradición para evitar males maiores.
Algo semellante acontece no Cabo Fisterra coa queima de obxectos. Non hai moito tempo que algún peregrino queimaba algún obxecto como símbolo do remate da súa peregrinación. Aí, as administracións foron neglixentes, e no canto de zanxar o asunto, espallaron a “tradición” a pesar do perigo de incendio e da suciedade que xenera na contorna. Esperemos que en Muxía se tomen as precaucións antes de que sexa demasiado tarde.
Novas relacionadas
- Os veciños abuchean a rehabilitación do Santuario de la Virgen de la Barca.
- Os técnicos propoñen situar a Pedra de Abalar no lugar idóneo para que volva moverse.
- As Pedras e o Santuario da Barca foron purificadas por un grupo de Chamanas.
- Como soa da Pedra de Abalar cando abala?.
- O mar de fondo deixou estampas impresionantes na Costa da Morte.
- Viki Rivadulla: A barca, a pedra e o futuro.
- Manuel Vilar: A Barca: reflexións sobre unha xeografía simbólica.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- La Voz.