As obras do Parador de Muxía empezarán o luns


Segundo acordaron onte a Xunta e o Ministerio, as obras do Parador de Muxía comezarán o vindeiro luns 2 de xullo. Así nolo contaba hoxe o alcalde muxián Félix Porto, que se amosaba satisfeito porque as administracións cumpliran cos seus compromisos.
Deste xeito, e pesar da amenaza do Goberno, as máquinas de Tragsa volverán á zona de Lourido, onde xa abriran paso o pasado setembro, para comezar as obras do edificio propiamente ditas.
Así, e segundo anunciaba Rueda en abril, para o 2015 teremos Parador na Costa da Morte. I é que 13 anos dende a promesa feita canda o Prestige non é tanto tempo.
Satisfacción dende o PP local
O que tamén amosa a súa satisfacción é o novo voceiro do PP muxián Antonio Devesa. E aproveitou para criticar a parálise do anterior goberno: "O PP fixo en menos dun ano o que o PSOE non fixo en oito", apuntou Devesa, quen agradeceu a resposta da Xunta e de Feijóo: "Demostrou o seu compromiso pagando os 300.000 euros do proxecto e volveuno a demostrar fai uns meses, cando lle recordou persoalmente a Rajoy a necesidade de construír o parador".
Novas relacionadas
- 12-04-12: Rueda asegura que o Parador será unha realidade en 2015.
- 23-03-12: O BNG de Muxía denuncia as dobles mentiras de PSOE e PP sobre o Parador.
- 16-03-12: PSOE e BNG moven fichas polo Parador.
- 15-03-12: A oposición política da Costa da Morte únese polo Parador.
- 14-03-12: O Goberno paraliza o Parador de Muxía.
- 14-09-11: Colocada a primeira pedra do Parador de Muxía que estará en funcionamento a finais do 2014.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
- La Voz de Galicia.