Xoves. 02.05.2024
El tiempo

Sen auga potable no cole de Vilarmide

CEIP Vilarmide Muxia
Sen auga potable no cole de Vilarmide

Crónico o problema de abastecemento no Concello de Muxía. Desta volta o que o sofre é o alumnado e a comunidade escolar do colexio Eduardo Noia de Vilarmide, que estes días está sen auga potable, pola contaminación da auga pola presenza de bacterias coliformes.

Así llo trasladaba o pasado 5 de xaneiro o Concello ao centro, en base a unha analítica de data 2 de xaneiro conforme a auga non cumpría cos requisitos de potabilidade.

A dirección do centro comunicou a situación ás familias para que o alumnado trouxera auga para beber tanto no tempo de lecer como nas clases e no comedor escolar realizouse un aprovisionamento de auga embotellada para cociñar, lavar alimentos e froitas e proporcionar nos menús.

Pero son moitas máis as problemáticas, como as comidas feitas no propio comedor, que interfiren no desenvolvemento normal da actividade escolar.

Desde a dirección do colexio solicitouse información máis específica e indicacións oportunas dos usos para os que se pode destinar ou non e o prazo de tempo non que se prevé solucionar este problema.

Así, dende o BNBG muxián solicitan que se fagan as xestións oportunas para identificar a fonte de contaminación, parece ser que por fecais, e que se adopten as medidas oportunas para evitar que isto ser produza novamente.

Aproveita ademais o BNG para instar ao goberno local a tomar medidas no sistema de abastecemento, lembrando os problemas de presión da auga en zonas de Moraime, ou as incidencias acontecidas nos últimos anos por contaminación en depositos como o de Carrúa que levou a ducias de pesoas ao hospital. Por iso, consideran que se podería ampliar a traída de auga a través da Mancomunidade.

Máis novas

 

Comentarios