Martes. 15.10.2024
El tiempo

A axuda solidaria da veciñanza de Muxía segue apilada

Alimentos de Muxia para ucraina
O material para Ucraína conseguido gracias á solidariedade da veciñanza segue esperando destino
A axuda solidaria da veciñanza de Muxía segue apilada
Está a vida municipal tan incómoda en Muxía que ata a recollida solidaria para as familias ucraínas está xerando malestar entre a veciñanza. Un grupo de veciños “enfurecidos”, como sinalan nun comunicado no que afirman “non querer dar ao seu nome por temor ás represalias do alcalde”, xa denunciara hai dúas semanas que o Concello non enviara a axuda humanitaria que a veciñanza muxiá conseguira recaudar durante as primeiras semanas despois do comezo do conflito.

O alcalde Iago Toba sinalara nun principio que estaba esperando para ver se Muxía acollía algunha familia para facerlle entrega dese materia. Días despois, o pasado 29, aseguraba na Radio Nordés-Cadena Ser que ao ter acollido aínda ningunha familia refuxiada (si que houbo unha familia que apenas estivo tres días e outra parella que estivo un mes, pero á que se lle dou varios vales de compra para as súas necesidades), ían enviar os alimentos canto antes a Ucraína.

Pero a realidade é que outra semana despois, “os alimentos da recolleita en favor de Ucranía seguen apilados no edificio de servizos múltiples”. Así o denuncia este grupo de veciñ@s, que aseguran “sentirse enganados ante as constantes incoherencias do alcalde nesta temática”. Consideran os seus argumentos “meras escusas” para facer unha “fuxida cara adiante”, ante a falta de planificación e organización.

”Parécenos un tema o suficientemente serio como para que se dean explicacións respecto diso e esperamos, de forma sinceira, que isto teña unha explicación e, si houbo un erro na xestión deste envío, cremos, é mellor asumir o erro a mentir aos veciños continuamente para salvarse politicamente que é o que parece”, denuncian.

Novas relacionadas

Comentarios