Luns. 29.04.2024
El tiempo

O BNG de Muxía denuncia a publicación nas redes sociais municipais de datos sensibles de familias

Listas admitidos Lei Proteccion Datosd Concello Muxia
A lista segue publicada (cos nomes claros) na mañá do luns 10 de xullo
O BNG de Muxía denuncia a publicación nas redes sociais municipais de datos sensibles de familias

Cómpre ter sempre moito coidado coa publicación das listas de admitidos a calquera evento de orde pública. Así o denuncia hoxe o BNG de Muxía, que lamenta que o Concello publique no seu Facebook a lista de admitidos aos campamentos municipais con nomes e apelidos dos nenos, e ademais con datos socioeconómicos ao publicar o número de puntos adquiridos en función das situacións familiares. As familias ían sumando puntos en función e 8 items, entre os que se atopan ser vítimas de violencia de xénero, ser familia monomarental, situación de desemprego ou nivel de rendas anuais.

”Resulta especialmente escandaloso cando recolle items relativos a se a nai dos solicitantes fora vítima de violencia de xénero, de se se está en situación de desemprego ou dos niveis de renta da familia”, sinala o BNG Muxián. “Entendemos que a publicidade desta información en redes sociais asociada aos nomes dos menores viola a Lei Orgánica de protección de datos deixando á vista do público datos con nivel de seguranza media e alta”. “Lembramos que todos os ficheiros de datos persoais do concello deben de contar con medidas de protección para evitar a difusión dos mesmos”, sinalan, esixindo que “as persoas encargadas da publicación nas redes sociais do concello sexan respectuosas coa lei e coa veciñanza e instamos á retirada inmediata da mencionada información das redes sociais e a que se tomen as medidas oportunas para evitar que estes feitos se repitan”.

<

Comentarios