Venres. 29.03.2024
El tiempo

A cativada de Muxía xa disfruta dos campamentos de verán

campamentos de veran en muxia
A cativada de Muxía xa disfruta dos campamentos de verán

O programa de actividades de conciliación para o verán do COVID xa comezou en Muxía. Un prorama moi coidadoso coas normas de seguridade, con só 9 nenas e nenos por quenda, repartidos por grupos en función das súas idades.

O deporte, a igualdade e o medio ambiente son as principais liñas argumentais das actividades. Así, os nenos e nenas xa gozan de actividades como punto de cruz, obradoiros de cociña e de chapas, conta contos ou creación de pancartas, entre outras.

A concelleira de Benestar Social e Igualdade, Olalla Benlloch, sinalou que ‘é ilusionante ver que a rapazada terá un espazo para poder divertirse e relacionarse baixo condicións seguras. Da moita confianza como están plantexados estes campamentos, e agardamos que a rapazada poida pasalo do mellor xeito posible’, aportou a edil.

Pola súa banda, o alcalde, Iago Toba, sinalou que ‘decidimos artellar estes campamentos con tres piares fundamentais, ou así o deben ser, na nosa sociedade: a igualdade, o deporte e o coidado do medio ambiente. Cremos nunha educación igualitaria e de calidade, sendo estes campamentos unha boa proba diso’, comentou.

campamebtos de veran en muxia 2

Novas relacionadas

Comentarios