Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Colocada a primeira pedra do Parador de Muxía que estará en funcionamento a finais do 2014

Colocada a primeira pedra do Parador de Muxía que estará en funcionamento a finais do 2014

Voltamos coa política das primeiras pedras tan manida na Costa da Morte na época do Bipartito. Esta mañá de martes 13 de setembro deron comezo (como prometeran o pasado mes de xuño) as obras do Parador de Muxía, esta infraestrutura turística que parece que fará olvidar a crise na Costa da Morte.

Con 8 anos de retraso tras ser prometido como contrapartida pola desfeita do Prestige, o Goberno Central aprobou o investimento de 25,7 millóns de euros, un 25% máis baixo que o aprobado inicialmente. A obra ten 36 meses de prazo de execución polo que o Parador non estará operativo ata setembro de 2014. Daquela será o 3º da provincia coruñesa e o 12º en Galicia.

O edificio ocupará nada menos que 128.000m2 da fermosa e virxe zona de Lourido. Contará con 90 habitacións dobles, spa-talasoterapia, piscina exterior, aparcamento cuberto e xardíns, entre outros equipamentos.

Sesión política

A "pedra" servíu ademais para que os medios estatais preguntase ao ministro de Industria, Turismo e Comercio, Miguel Sebastián, pola súa aparición ou non nas listas do PSOE para o 20N. Sebastián estivo arroupado por moitos compañeiros de partido, como o Ministro de Xustiza, Francisco Caamaño, o alcalde de Muxía, Félix Porto e o subdelegado do Goberno en Galicia, José Manuel Pose Mesura.
Tan só a nova delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, participou en nome do PP.

Caamaño referiuse á "resistencia do pobo da Costa da Morte como a da súa paisaxe", lembrando a época do Prestige, e semella que tamén a "lei do retraso" que sufrimos neste recuncho do mundo. Porto, pola súa parte valorou este día como "unha viaxe sen retorno cara o turismo, o lecer e a cultura como industria do futuro na Costa da Morte".

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios