O Comarea Experience perfílase como a revelación do panorama festivaleiro de Galicia
Xa os coñecimos aló por marzo. Un fantástico equipo formado pola mocidade muxiá, no marco da Asociación Xuvenil Comarea, que está apostando fortísimo pola organización dun festival de música electrónica e urbana qu se convirta na gran revelación do panorama estival galego. O lugar préstase: a praia dos Muíños.
O festival Comarea Experience volve, como dicimos, con forza, apostando por grandes artistas e unha natureza salvaxe, poñendo o foco en crear un espectáculo respetuoso co medio ambiente, e tolerante fronte a calquera tipo de agresión.
O evento celebrarase os días 30 e 31 de agosto, aínda que haberá varias actividades durante toda a semana.
No cabeza de cartel da primeira destacan varios artistas internacionais, entre eles o norteamericano Carl Craig, unha das caras máis recoñecidas dentro do mundo do techno de Detroit, e que fará vibrar a todo o mundo coa súa música, na que tamén hai influencias do jazz e do soul.
Rafa Barrios tamén é outra das cabezas de cartel deste Comarea Experience. O artista madrileño, abandeirado por grandes da música como Carl Cox ou Richie Hawtin, chegará a Muxía para poner en pé a todo o público co seu estilo tan persoal e o seu talento innato, que o levou a tocar nalgúns dos mellores clubs do mundo, como Pacha New York, Space Miami ou La Riviera (Madrid) entre outros.
E completando o cartel atopamos a Blanca Ross, unha das artistas más prometedoras a nivel nacional, así como a Bárbara Lago, Isma B ou Víctor Fernández, todos residentes de Wake Up Electronic Parties.
Música urbana e artistas locais
Unha das novidades deste ano é a introducción da música urbana. O Comarea Experience contará con algúns dos artistas máis laureados do panorama musical nacional como Fernando Costa, moi recoñecido grazas a temas como Pa Que Lo Gocen, e ademáis haberá un convidado moi especial, que fará as delicias dos amantes deste xénero musical. E se hai algo do que presume este festival é da súa posta en valor pola cultura e a música galegas, polo que o público poderá gozar do auténtico talento galego dentro da música urbana da man de Erin e Lopes.
O cartel desta nova edición cérrase con artistas locais que deixarán a todo o mundo extasiado, como Edgar Cal & Skais, Sergio Capelán, Smerz, Glitchgirl, Russinha DJ & Akezie, Wavy Gravies, The Fabulous Resaca Brothers, Mascada, Rapariga DJ e Mon e Ula.
Moito máis
A organización fará públicas todas as actividades complementarias ao festival, que se desenvolverán desde o 26 de agosto ata o 1 de setembro, e que ademais serán aptas para todo o público. Destacan os obradoiros de iniciación na música electrónica, talleres de reciclaxe creativa ou concertos gratuitos.